CONCURSO DE CARTEIS: II XORNADAS DIVERSIDADE AFECTIVO- SEXUAL NAS SERIES DE TELEVISIÓN.
Participa no concurso de carteis da segunda edición das Xornadas de Diversidade Afectivo- Sexual organizadas por Les Coruña e o Concello de A Coruña, este ano centradas na diversidade dentro das series de televisión e con algúns dos personaxes máis destacados dentro delas.
Queres formar parte deste gran evento e ser a persoa responsable da creación do cartel?
É un concurso aberto a deseñadores, artistas ou creadores de calquera nacionalidade, individualmente ou en equipo.
PREMIO: 200€ e o ORGULLO de representar estas xornadas.
IMPORTANTE SEGUIR AS BASES DO CONCURSO!
PARTICIPA E MOITA SORTE!