Un espectáculo ritual que convida o público que o viva.
The Witch cóntanos a historia dunha das miles de mulleres acusadas de bruxaría na Idade Media. A través dunha dramaturxia fragmentada veremos a actriz que nos relata desde a comedia e a farsa a historia da caza de bruxas; a menciñeira ocupada entre plantas e unturas; e a muller encarcerada que se enfronta a un xuízo do que non sabe como sairá. Mentres, o público, a modo de xogo, realiza pequenos rituais desde a súa butaca.
Estrea o 8 de Outubro las 20.30 no Forum Metropolitano.